0

ASÍ CELEBRAMOS NA SALA INFANTIL O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

09LLGG

                                     17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

En 1963, co gallo do Centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA DE CASTRO, a Real Academia Galega propón festexar todos os 17 de maio o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A data elixida e a que aparece na dedicatoria que Rosalía fai no seu libro á poeta Fernán Caballero.
Este ano de 2016 o Día das Letras Galegas está adicado a CARLOS CASARES, narrador, ensaísta e editor ourensán.

Queremos deixarvos aquí todas as actividades coas que conmemoraremos a nosa festa maior neste ano 2017. E aquí van:

01GaliñaseFormigasGALIÑAS E FORMIGAS: UNHA HOMENAXE A CASARES
Martes 9 de maio ás 10:30 h na Sala Infantil
O alumnado de Educación Infantil de 3 anos do CEIP López Ferreiro lembrará a Carlos Casares recitando poemas e contando contos traballados na súa aula.

02GranXogo

GRAN XOGO DAS LETRAS GALEGAS
Martes 16 de maio ás 10:00 h na Sala Infantil
A cargo de EDUVIA. A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras
homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano. Alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.

03ServandoBarreiroContacontos “AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”
Sábado 20 de maio ás 12:00 h no salón de actos
A cargo de SERVANDO BARREIRO. A partir dos contos e obras de teatro infantil de Carlos Casares, o bardo Abelardo fai unha adaptación dos mesmos para podelos contar e cantar acompañado da súa concertina. O resultado é un espectáculo con contos intercalados con cantigas participativas, o que lle confire unha gran forza rítmica para captar a atención de todo o público. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

04ContadasCoaSuaVozContacontos “CONTADAS COA SÚA VOZ (SOBRE CARLOS CASARES)”
Sábado 27 de maio ás 12:00 h no salón de actos
A cargo de LISÍSTRATA. Rendemos unha merecida e sentida homenaxe a Carlos Casares. Serán historias contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura que levan desfrutado lectores e lectoras dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos

05ConcursoCarteisVII CONCURSO DE CARTEIS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(recollida de carteis ata o 12 de maio)

18 de maio ás 18:00 h no vestíbulo da Biblioteca

Entrega de Premios aos debuxos gañadores do VII Concurso de Carteis do Día das Letras Galegas 2017. Tamén se lles entregará un Diploma de Honra aos autores individuais e colectivos dos carteis premiados.
Exposición dos traballos premiados e finalistas. Dende o 18 de maio ata o 16 de xuño na sala infantil.

                                                   CARLOS CASARES (1941-2002)

Carlos Casares foi autor de seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de personaxes galegas, moitos contos infantís, unha obra de teatro e moitos artigos en xornais. Pero Casares tamén foi o tradutor de obras como “O principiño” de Saint-Exúpery, considerado como o “texto fundacional da literatura galega traducida”.
A tradución e unha importante tarefa na súa obra tanto xornalística como literaria. Por iso queremos que dúas obras tan fundamentais como “O principiño” ou “Os escaravellos voan á tardiña” de María Gripe, formen parte desta pequena
bibliografía do autor ao que este ano 2017 se lle adica o Día das Letras Galegas.

 

Esperamos que gocedes coas nosas propostas.

0

Como pasar unha tarde xenial en Compostela c@s peques da casa (en cinco sinxelos pasos)

 

Oh!! Sorprendentemente hoxe pola tarde non vai chover en Compostela! Pois logo, en lugar de pasar a tarde na biblio, imos aproveitar e pasar unha tarde xenial c@s peques ao aire libre por Compostela!

Os pasos a seguir son os seguintes:

coller unha mochila e meter a merenda dentro.

vir á biblioteca escoller 5 contos que vos gusten e levalos (aquel dos Bolechas, aquel outro que fala de dinosauros, este de detectives…. )

escoller un dos moitos parques que hai na cidade. Tamén podes entrar neste enlace, dun post pasado deste blog onde vos aconsellabamos media ducia de lugares marabillosos para ler en Compostela.

unha vez no parque, escoller unha árbore que de boa sombra e arrimarse a ela.

sacar a merenda da mochila, coller os contos e… A DESFRUTAR!!

 

picnic-380657_960_720

2

Emotipoemas, dados creacontos e outras historias…

A semana das letras galegas vai vento en popa! Podedes consultar toda a programación pinchando AQUÍ, ate o sábado aínda hai tempo de participar en todo o que temos argallado!

A rapazada é moi creativa e os poemas feitos con emoticonos están quedando ben bonitos e orixinais, e iso que non é nada fácil o asunto… o poema “Galicia” xa está rematado!

Está quedando xenial, verdade? Pois as historias que están imaxinando os nenos e nenas cos dados creacontos non quedan atrás… Por exemplo, Ezequiel de 4 anos tirou os dados e saíronlle: o sol, a pega, a vaca, o muiño, as patacas e o arado. E creou esta historia:

“ Había unha vez, un día que facía sol na era dos dinosaurios! Apareceu por alí unha vaca que se chamaba Vaca e que, xunto coa súa amiga a pega, traballaban a terra co seu arado. De repente, aparecen as súas amigas as patacas, que fixeron caquita, e todas xuntas ( a pega, Vaca e as patacas) foron para o muiño facer unha festa de casiñas! E colorín colorado este conto está rematado.”

A semana que vén darémosvos conta de todas as historias feitas pol@s peques! 😉

Hoxe, mércores 18, tal e como estaba previsto, entregáronse aquí no Salón de Actos da Biblioteca, os premios do VI concurso de carteis do día das letras galegas. O 1º premio levouno esta marabilla feita polo 1º curso A do CEIP Vite I. Parabéns!!

O 2º premio foi para Valeria Ninni do CEIP López Ferreiro e o 3º premio para o 4º curso do CEIP Vite I.

Podedes pasar pola biblioteca botarlle un ollo a todos os carteis que participaron no concurso.

…. e todo isto e moito máis, ocorre polas tardes (e algunha que outra mañá) na sala de infantil e xuvenil da BPS Ánxel Casal… 😛  Quedamos na biblio?