… sería un pouco surrealista, a verdade… 😀 Pero terían unha chea de historias e coñecemento para contarnos!
Nesta sala de infantil e xuvenil da Biblioteca Anxel Casal hai arredor de 17.000 libros!! 😮 Imaxinádesvos cantos lugares, personaxes, historias conteñen os nosos estantes?! Pois todo este mundo imaxinario e fantástico está a dispor de todas e todos!
Os libros, na nosa sala, están organizados por cores que indican o grupo de idade ao que pertencen:
AZUL: de 0 a 5 anos
VERMELLO: de 6 a 8 anos
VERDE: de 9 a 11 anos
AMARELO: de 12 a 14 anos
E que podemos atopar nos estantes da biblioteca? Pois unha manchea de cousas!!
LIBROS INFORMATIVOS sobre diferentes materias, de utilidade á hora estudar, facer traballos ou saber máis sobre un tema que che interese: dinosauros, reciclaxe, o corpo humano, o universo… Todo un mundo de coñecemento!
LIBROS DE FICCIÓN OU IMAXINACIÓN como novelas, contos, relatos… organizados segundo o xénero: aventuras, misterio, humor, fantasía, etc.
REVISTAS para todas as idades
AUDIOVISUAIS como cd`s de música, películas, series, videoxogos
Tamén hai CÓMICS para infantil e xuvenil pero están no andar baixo
Podes consultar aquí o CATÁLOGO da biblioteca e atopar toda a información que precisas sobre o libro que estás buscando: si está dispoñible ou non e a sinatura, que é o “enderezo” do libro dentro da biblioteca.