0

SEMANA DOS LIBROS PROHIBIDOS

Words Have Power-Thumbnail

Fai un ano contabámosvos un evento que a ALA, Asociación de Bibliotecas Norteamericanas, celebra na última semana de setembro, a Banned Books Week, para concienciar sobre o dano que fai a censura e consagrar a liberdade de ler. Esta Semana dos Libros Prohibidos intenta irmandar a toda a comunidade do libro, é dicir, bibliotecari@s, libreir@s, editor@s, xornalistas, profesor@s e lector@s, “para compartir a defensa da liberdade para consultar, expresar e manter ideas, incluso aquelas que consideremos non ortodoxas ou impopulares”.

A OIF, Office for Intellectual Freedom, pertencente a ALA, publica o Top Ten dos libros prohibidos nos Estados Unidos, o ano anterior. A lista do 2016 vese reflectida neste vídeo:

 

Na sala infantil da Biblioteca Ánxel Casal podedes atopar o número 4 que é Soy Jazz, un libro escrito por Jessica Herthel coa axuda de Jazz Jennings, a protagonista desta historia, que foi vetado por retratar a vida dunha nena transxénero, e tamén pola linguaxe utilizada, tratar o tema da educación sexual e ter puntos de vista ofensivos (???)

kt0A1g9

I HER soy [vermello] Vida Real

O acoso da censura aínda neste século XXI cremos que demostra o importante que é a literatura nas nosas vidas. Os prexuízos políticos, relixiosos ou ideolóxicos continúan sendo unha rémora para a liberdade de ler, e por tanto de pensar.

Quizá os vetos máis sorprendentes nestas listas do horror son os adicados á literatura infantil e xuvenil, como é o caso da obra de Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas, ou a saga de Harry Potter. Neste último, a prohibición dos libros de J.K. Rowling nalgúns estados dos Estados Unidos, estendeuse á Canadá onde unha escola chegou a solicitar autorización materna/paterna para que os nenos e nenas accederan á súa lectura.

Prohibir libros é o mesmo que queimalos, e como dixo o poeta alemán Heinrich Heine, empézase queimando libros e remátase queimando persoas.

una_hoguera_con_libros_de_harry_potter_a_las_puertas_de_la_iglesia_de_la_comunidad_de_cristo_en_alamogordo_nuevo_mexico_1272_863x680

Alamogordo, Nuevo México. Membros da Igrexa da Comunidade de Cristo queimando exemplares de Harry Potter

 

Outros libros que foron prohibidos nalgún momento foron os de Wally (onde está…?) de Martin Handford, algúns de Roald Dahl (As bruxas, Charlie e a fábrica de chocolate ou James e o melocotón xigante),o Huckleberry Finn de Mark Twain, ou O principiño de Saint-Exupéry.

Estes vetos son sempre feitos por distintos poderes na procura de xustificacións para impoñerse. Só desde esta perspectiva entendemos a postura de quen pon obxeccións a certas lecturas sen entender ademais que prohibir un texto é a mellor forma de facerlle publicidade.

Se queredes celebrar esta semana dos libros prohibidos o mellor é ler un deles. Como calquera destes:

 

OIF-graphic-1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1

OS LIBROS (PROHIBIDOS) QUE AMAMOS

Mentres os libros foron e seguen a ser prohibidos, unha parte da celebración da Semana dos Libros Prohibidos, adícase ao feito de que a maioría dos libros están dispoñibles para a súa lectura. Isto só acontece grazas aos esforzos de bibliotecarios, profesores, estudantes e membros da comunidade que defenden e maniféstanse a favor da liberdade de ler.

American Library Association, ALA

bannedbooks1

 

A Semana dos Libros Prohibidos (Banned Books Week) é un acontecemento anual no que a comunidade libraria norteamericana celebra a liberdade de ler. Normalmente ten lugar a última semana de setembro, e nela colaboran dende os bibliotecarios, ata os libreiros, pasando polos editores, xornalistas, profesores e lectores de todo tipo, para defender os valores da liberdade e o acceso aberto a todo tipo de información, e apoiando a vontade de expresar as nosas ideas, incluso as consideradas pouco ortodoxas ou impopulares.

Como probablemente prohibir un libro e a forma máis rápida de facelo atractivo, vamos a ofrecervos un listado dalgunhas das nosas obras favoritas que, nalgún momento, nalgún lugar, foron prohibidas.

==================================================================================

En xullo do 2015 fixemos unha pequena mostra cun listado de libros que foran eliminados polo alcalde de Venecia dun programa de lectura chamado “Ler sen estereotipos” que se ofrecía ás escolas municipais. Aquí tedes a bibliografía da mostra.