0

O conto de Mara (Colexio Vilas-Alborada)

Despois da chuvia sempre vén o sol… ou non.

Nalgunhas ocasións sae o arco da vella, como nesta.

Contan algunhas lendas que no comezo deste efecto atmosférico tildado de máxico, hai un tesouro. Unha buscatesouros alcumada Pega atopouno. Foi noticia internacional co titular “Descuberto o tesouro do arco da vella na Terra Chá. Volverá haber arco da vella sen o seu tesouro?”

Nunca se soubo o verdadeiro premio de atopalo, ata que un xornalista alcumado Lebre o destripou. Só era millo. Un alimento que se consideraba ouro ata que se coñeceu a realidade.

Queimáronse. Todo o premio era unha plantación. A bucatesouros era realmente unha simple ave que confiaba en que rematase sendo unha lenda máis, unha historia máis queimada co lume da verdade.

[este conto foi creado por Mara (11 anos) do Colexio Alborada, dentro das actividades arredor do escritor Manuel María – letras galegas 2016- en concreto na actividade “Xogamos a crear hitorias a redor do mundo literario de Manuel María” ]