1

UNHA MODESTA PROPOSICIÓN*

*Inspirámonos para o título deste post no ensaio de Jonathan Swift: Unha modesta proposición para previr que os nenos dos pobres de Irlanda sexan unha carga para os seus pais ou o país, e para facelos útiles ao público, unha sátira cruel publicada na Irlanda do século XVIII para critinar ás deplorables condicións de vida do campesinado.
Baja_P8A5338

Fotografía de Olmo Calvo, da exposición ‘Artículo 14’, sobre os refuxiados en Lesbos, Atenas, a Ruta dos Balcanes e Idomeni. Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, de Médicos del Mundo

 

Hoxe, 20 de xuño, celébrase o Día Mundial do Refuxiado, data establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2001, cando xa pasaran 50 anos da Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados de 1951. Nesta Convención basease a protección internacional dos Refuxiados, xa que nela defínese quen pode ser refuxiado, cales son os seus dereitos e cales as obrigacións dos Estados. Tamén en 1967, mediante un Protocolo, elimináronse as limitacións xeográficas e temporais da Convención que só consideraba aos europeos convertidos en refuxiados antes de xaneiro de 1951.

Cantas palabras para non dicir nada. Isto recórdanos ao Humpty Dumpty de Lewis Carroll cando lle di a Alicia que o significado das palabras depende de quen manda. E punto.

ecebae01f788edd2b2436870ec0aa338

Contemplamos con estupor a situación dramática de miles de persoas que foxen da guerra de Siria, acinad@s en campamentos, sen que as institucións europeas tomen medidas para paliar esta situación calamitosa. É hoxe un deses días nos que debemos procurar atopar un cachiño do noso tempo e falar e partillar coas nosas fillas e fillos desta situación de inxustiza e desamparo. Mais pensamos que non debemos facelo desde unha óptica pesimista, senón todo o contrario. Debemos mostrar ás crianzas que a nosa sociedade non se cruza de brazos e reclama unha solución aos gobernantes:

QUEREMOS QUE @S NEN@S REFUXIAD@S VOLTEN DE NOVO ÁS SÚAS CASAS E, SE NON É POSIBLE, QUE AS NOSAS CASAS SEXAN AS SÚAS CASAS.

Para falarmos de todo isto queremos recomendarvos un libro que representa, non só unha historia de denuncia, mais tamén de esperanza: GRITOS EN LA ARENA, escrito por Arturo Abad e ilustrado por Mónica Gutiérrez Serna, é un libro para público infantil que nos mostra a unha nena que desesperadamente quere berrar. Por iso a súa nai lévaa a unha montaña formada por todos os berros da xente que se atopa na súa mesma situación. Berros que tentarán voar para ser escoitados noutras partes do mundo.

gritos arena hija grita

Acudimos de novo ao personaxe de Carroll que acuña o termo de non-aniversario para poder recibir agasallos os trescentos sesenta e catro días do ano que non son o noso aniversario, e propoñemos a celebración dos trescentos sesenta e catro Días Mundiais dos Xa-Non-Refuxiados, mediante o labor didáctico de explicar aos peques da casa a realidade de inxustiza que se está dando dentro das nosas fronteiras fronte a estas vítimas dunha situación que non buscaron. Tentar que a nosa sociedade sexa mellor involucrándoos nos problemas sociais para que se formen como persoas solidarias e xustas e tentando desprendelos dunha falsa caridade que non afastará a desigualdade nin a inxustiza do mundo que habitamos.

Esquecer a Europa dos anos 30-40 do século pasado, na que unha parte dos refuxiados éramos nós, é volver a repetir o horror que levamos tentando conxurar dende entón.

GuernicaRefuxiados

Ilustración de Javcho Savov

En Francia, país de asilo, convertido agora nun inmenso cárcere, quedaban tras as alambradas de espino dos campos de concentración moitos miles de españois que tiveran fe nela. O vello e acendrado amor que profesábamos a Francia non poderá en moito tempo vencer a dor da traizón que se fixo a se mesma e ao mundo que cría nela.

Manuel Chaves Nogales, La agonía de Francia (1941)

0

Lecturas recomendadas para amañar un día como o de hoxe

funny.pho.to_water_color

Máis aló do horror que podamos sentir polos acontecementos ocorridos na madrugada do pasado domingo en Orlando, Estados Unidos, e do vínculo que debemos ter con todos os perseguidos polo seu xénero, raza, cor, orixe nacional ou étnico, relixión, opinión política ou calquera outra condición que teña o propósito de deteriorar o goce completo dos dereitos e liberdades fundamentais, nós seguemos tendo a certeza de que todo empeza coa formación.

Por iso deixámosvos aquí unha pequena selección de libros sobre diversidade sexual e novas formas de familia que podedes atopar na nosa biblioteca, porque ler e informarse NON é unha opción.