8

Media ducia de lugares marabillosos para ler en Compostela (se non chove)

Pedroso4

Parque Granxa do Xesto (foto:santiagoturismo.com)

UN.- Calquera dos recunchos do Parque de San Domingos de Bonaval é unha boa opción: á sombra dalgunha das súas árbores, nalgún dos seus bancos…

DOUS.- Calquera dos bancos do Parque da Alameda ou á sombra dalgunha das súas singulares árbores.

TRES.- As escaleiras da Praza da Quintana. Á sombra do muro do Mosteiro de San Paio de Antealtares.

CATRO.- No parque da Granxa do Xesto, onde tamén hai parque infantil e cafetería.

CINCO.- Arrimad@ a calquera das árbore da Carballeira de San Lourenzo.

SEIS.- En calquera banco do recén inaugurado Bosque de Galicia, onde tamén podemos gozar dunhas espectaculares vistas da cidade.

E o teu? Cal é o teu lugar favorito para ler en Compostela?

bonaval

Parque de Bonaval (foto:santiagoturismo.com)