Media ducia de lugares marabillosos para ler en Compostela (se non chove)

Pedroso4

Parque Granxa do Xesto (foto:santiagoturismo.com)

UN.- Calquera dos recunchos do Parque de San Domingos de Bonaval é unha boa opción: á sombra dalgunha das súas árbores, nalgún dos seus bancos…

DOUS.- Calquera dos bancos do Parque da Alameda ou á sombra dalgunha das súas singulares árbores.

TRES.- As escaleiras da Praza da Quintana. Á sombra do muro do Mosteiro de San Paio de Antealtares.

CATRO.- No parque da Granxa do Xesto, onde tamén hai parque infantil e cafetería.

CINCO.- Arrimad@ a calquera das árbore da Carballeira de San Lourenzo.

SEIS.- En calquera banco do recén inaugurado Bosque de Galicia, onde tamén podemos gozar dunhas espectaculares vistas da cidade.

E o teu? Cal é o teu lugar favorito para ler en Compostela?

bonaval

Parque de Bonaval (foto:santiagoturismo.com)

8 comentarios en “Media ducia de lugares marabillosos para ler en Compostela (se non chove)

  1. Pingback: Como pasar unha tarde xenial en Compostela c@s peques da casa (en cinco sinxelos pasos) | Quedamos na biblio!?

  2. No skatepark do Paxonal relaxándote co traqueteo da xente patinando (cando a hai ou senón sen eles) ou nos rincóns do bosqueciño que hai aló. Calqueira terraza das que teñen pouca xente onde desfrutar do silencio e do sol. O parque de Belvís, etc.

    Liked by 1 person

  3. A verdade é que temos unha cidade marabillosa para ler ao aire libre… se non chove, claro… 😉 Un rincón moi agradable tamén é o Parque de Cotarelo, detrás do Centro Cultural das Fontiñas!

    Liked by 2 people

Apetéceche comentar?