5

Xogamos a crear historias a redor do mundo literario de Manuel María

Estes días, a raíz da celebración das letras galegas, tivemos (e teremos durante todo o mes) a disposición dos usuarios e usuarias un novo xogo: os dados creacontos! Isto son seis dados grandes que en cada cara teñen imaxes relacionadas con personaxes, animais, obxectos, etc, que aparecen na obra literaria de Manuel María: o cuco, a vaca, o muíño, o carro, o arado, a gaiola, etc… O xogo consiste en que o neno ou nena tira os dados e, a partir das imaxes que saian, ten que inventar unha historia na que aparezan esas seis imaxes.

Estes son algúns dos contos que crearon os nenos e nenas que pasaron pola sala nestes días:

Había unha vez, un día que facía sol na era dos dinosaurios! Apareceu por alí unha vaca que se chamaba Vaca e que, xunto coa súa amiga a pega, traballaban a terra co seu arado. De repente, aparecen as súas amigas as patacas que fixeron caquita e todas xuntas ( a pega, Vaca e as patacas) foron para o muiño facer unha festa de casiñas! E colorín colorado este conto está rematado.

Ezequiel (4anos)

Un día pola mañá había moita neve na rúa. As patacas da leira destapáronse polo aire que fixo. Esta noite un lobo matounos unha pita que había no corral. As bolboretas xa non estaban tan coloridas. O meu pai chegou hoxe da viaxe no barco.

-anónimo-

Érase unha vez unha amizade un tanto especial: a de unha bolboreta e unha pita que se levaban moi ben. Facían viaxes en barco ata a rúa de San Pedro, onde se cultivan patacas. Ainda que o día que chegaron había moitísima neve

-anónimo-

Un cervo estaba bebendo nun río cando, naquel momento, pasou un barco que levaba millo e pola súa cheminea saían nubes. E esta historia está narrada por un precioso vagalume chamado Manuel María, o poeta galego, o vagalume máis brillante e resprandecente.

-Sheila-

Nunha antiga granxa vivía un granxeiro que tiña unha pobre vaca. Naquela época Galiza era moi pobre, só había melros e carballos sen follas e o granxeiro ía co seu carro polas rúas cheas de neve.

-Xiana e Darío-

Había unha vez un burro que só comía toxo e encantáballe! Un día, un cabaliño do demo díxolle: “Vente ao muiño que hai toxo.” Pero o cabaliño do demo mentiulle e comeron cereal. E un día deulles tanto sol que o burro e o cabaliño do demo foron vivir a un barco. E colorín colorado, este conto está rematado.

-anónimo-

Animádesvos a vir c@s peques da casa crear historias?