OS IMPRESCINDIBLES

Xa que temos todo o verán por diante e tanto tempo para xogar, ir a praia, visitar á familia e gozar das festas, deixemos tamén un tempiño para ler. Como todos os anos, a nosa mostra bibliográfica pretende ofrecervos unha serie de recomendacións, sempre reunidas baixo algún tipo de centro de interese.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Este ano decidimos que todos os membros da sala íamos a ofrecervos unha selección coas lecturas que máis nos gustan e que consideramos imprescindibles. Esta selección non pretende ser un canon, nin unha vara de medir, nin un modelo selecto para que os nenos e nenas sigan a nosa lista.

Nos coles seguramente é inevitable darlles aos rapaces e rapazas un repertorio canónico por necesidades pedagóxicas. Pero a nosa é unha lista de recomendacións dos libros que máis nos gustan e aínda que, en moitos deles hai moitos temas interesantes que tratar, o noso obxectivo fundamental é animar a ler polo propio atractivo da lectura.

Tentamos facer unha lista para moitas idades e moitos gustos. Non é unha selección curta, así que tedes corda para todo o verán. Desexamos que vos guste!!

 

E para quen lle gusten as listas, aquí tedes un bo lote delas:

 

Fai clic para acceder a Informativos_infantil_primaria_0708.pdf

Fai clic para acceder a Imprescindibles_inf_primaria_07_08_0.pdf

http://bvg.udc.es/busqueda_obras.jsp?opcion=lectura&categoria=lit_inf_xuv
http://www.galix.org/2017/04/novo-catalogo-de-literatura-infantil-e.html

Fai clic para acceder a get_file

Fai clic para acceder a 136.pdf

Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2017 (Banco del Libro)

Libros altamente recomendados 2017 (Fundalectura)


http://revistababar.com/wp/tag/imprescindibles/
http://stylelovely.com/baballa/2015/04/23/10-libros-que-no-pueden-faltar-en-una-biblioteca-infantil/
http://rz100.blogspot.com.es/2014/04/25-libros-imprescindibles-en-la.html
http://blog.hofmann.es/10-libros-infantiles-que-pueden-faltar-en-la-biblioteca-de-tus-hijos/
http://leerenmiaula.blogspot.com.es/2014/11/entrada-50-listado-de-libros.html
https://casadetomasa.wordpress.com/category/imprescindibles-en-la-biblioteca-escolar/

Apetéceche comentar?