Emotipoemas, dados creacontos e outras historias…

A semana das letras galegas vai vento en popa! Podedes consultar toda a programación pinchando AQUÍ, ate o sábado aínda hai tempo de participar en todo o que temos argallado!

A rapazada é moi creativa e os poemas feitos con emoticonos están quedando ben bonitos e orixinais, e iso que non é nada fácil o asunto… o poema “Galicia” xa está rematado!

Está quedando xenial, verdade? Pois as historias que están imaxinando os nenos e nenas cos dados creacontos non quedan atrás… Por exemplo, Ezequiel de 4 anos tirou os dados e saíronlle: o sol, a pega, a vaca, o muiño, as patacas e o arado. E creou esta historia:

“ Había unha vez, un día que facía sol na era dos dinosaurios! Apareceu por alí unha vaca que se chamaba Vaca e que, xunto coa súa amiga a pega, traballaban a terra co seu arado. De repente, aparecen as súas amigas as patacas, que fixeron caquita, e todas xuntas ( a pega, Vaca e as patacas) foron para o muiño facer unha festa de casiñas! E colorín colorado este conto está rematado.”

A semana que vén darémosvos conta de todas as historias feitas pol@s peques! 😉

Hoxe, mércores 18, tal e como estaba previsto, entregáronse aquí no Salón de Actos da Biblioteca, os premios do VI concurso de carteis do día das letras galegas. O 1º premio levouno esta marabilla feita polo 1º curso A do CEIP Vite I. Parabéns!!

O 2º premio foi para Valeria Ninni do CEIP López Ferreiro e o 3º premio para o 4º curso do CEIP Vite I.

Podedes pasar pola biblioteca botarlle un ollo a todos os carteis que participaron no concurso.

…. e todo isto e moito máis, ocorre polas tardes (e algunha que outra mañá) na sala de infantil e xuvenil da BPS Ánxel Casal… 😛  Quedamos na biblio?

2 comentarios en “Emotipoemas, dados creacontos e outras historias…

Apetéceche comentar?